Nova: López Campos aborda con xestores culturais a nova Lei de cultura inclusiva e a Rede Adival de dinamización no rural

30/07/2024

López Campos aborda con xestores culturais a nova Lei de cultura inclusiva e a Rede Adival de dinamización no rural

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse esta mañá con representantes da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural cos que abordou, entre outras cuestións, a nova Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia pola “relevancia que ten que esta regulación funcione coa implicación real de todos os axentes involucrados”.

Así llo trasladou nun encontro no que estivo acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e no que lles precisou que se agarda que a tramitación desta nova normativa no Parlamento galego estea rematada a finais de este ano para que a lei, pioneira en Europa, “entre en vigor canto antes”. Ademais, na reunión tamén se lles comunicou que a Xunta publicará tras o verán a orde de creación da Rede Adival de dinamización da cultura do rural que beneficiará a dous millóns de galegos e galegas.

Comparte