Nova: Javier Arias inaugura na delegación territorial de Lugo a mostra de artes plásticas ‘ExpoPeregrina 2024’

05/08/2024

Javier Arias inaugura na delegación territorial de Lugo a mostra de artes plásticas ‘ExpoPeregrina 2024’

Lugo, 5 de agosto de 2023

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, inaugurou hoxe unha nova edición da Mostra itinerante de Artes Plásticas ExpoPeregrina, organizada pola asociación GAPAsturias, que recala en Lugo procedente de Grandas de Salime para cubrir a penúltima etapa antes de alcanzar Compostela.

A mostra está centrada no Camiño Primitivo, ruta que vai percorrendo en oito sedes desde a súa inauguración en Oviedo o pasado febreiro. Durante o mes de agosto poderá visitarse na sala de exposicións da Delegación Territorial, de luns a venres ata as 19.00.

Consta de 24 obras de 19 artistas, na súa maioría pintura, aínda que tamén hai esculturas e mesmo unha recreación do popular xogo da Oca -disposto para o seu uso-  que utiliza motivos xacobeos.

Comparte