Nova: A Xunta promove a alfabetización cultural a través da música clásica co Festival Bal y Gay
15/08/2024
A Xunta promove a alfabetización cultural a través da música clásica co Festival Bal y Gay
O director xeral de Cultura asistirá este serán ao concerto da basílica de San Martiño de Foz, un dos dez enclaves patrimoniais da Mariña lucense que acollen este certame ata o 23 de agosto
Esta iniciativa enmárcase no ‘CulturON’, campaña da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con 30 propostas diarias en máis de 200 concellos durante este verán
Foz (Lugo), 15 de xuño de 2024
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, puxo en valor a alfabetización cultural que o Festival Bal y Gay fai a través da música clásica, certame co que a Xunta de Galicia colabora. Precisamente, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude asistirá este serán ao concerto do pianista Martín García García na basílica de San Martiño, un dos dez enclaves patrimoniais da Mariña lucense que están a acoller este certame desde o pasado 8 de agosto.
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, salientou o compromiso do Goberno galego con este festival, que conta cunha ampla programación e que este ano suma xa once edicións. Neste senso, fixo fincapé no fomento do acceso e da participación da cidadanía na cultura, “procurando unha oferta cultural diversa e de calidade”, un dos obxectivos propostos dende a Administración autonómica. Neste senso, cómpre recordar que este certame forma parte da campaña CulturON, coa que o Goberno galego ofrece durante este verán máis de 30 propostas culturais diarias en máis de 200 concellos.
Artistas de renome internacional
En canto aos e ás artistas que participan nesta cita, o director xeral de Cultura destacou a participación de “artistas de renome”, tanto nacionais coma do eido internacional. Así, nos vindeiros días actuarán as sopranos Katharina Konradi co Cuarteto Cosmos e Ruth Iniesta co pianista Javier Carmena. Tamén se poderá gozar do dúo André Cebrián e Pedro Mateo, que se suman a outros artistas que xa pasaron estes días polo festival, como o cuarteto Elías String Quartet, o violinista armenio Sergey Khachatryan, o dúo Javier Ulises Illán e Nereydas ou o grupo Música Ficta.
Ademais, valorou o feito de que que este ano o festival “mire a Asturias”, en referencia a que a programación conta coa participación do pianista Martín García García e a Orquestra Sinfónica de Asturias.
10 enclaves patrimoniais da Mariña
Anxo M. Lorenzo tamén enxalzou os espazos emblemáticos onde se están a celebrar, ata o 23 de agosto, estes concertos, un total de doce, repartidos entre o Auditorio municipal Hernán Nava, en Ribadeo: a igrexa de San Francisco, en Viveiro; igrexa de Santiago, en Foz; a Basílica de San Martiño, en Foz; no Auditorio Casa da Cultura, en Burela; na catedral de Mondoñedo; na igrexa mosteiro de San Salvador, en Lourenzá, no castelo do Castro de Ouro, en Alfoz; e no Auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao, en Cervo.
O último dos concertos será a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia, que interpretará a Sinfonieta Rococó e Intres porriñeses de Rogelio Groba e Variacións sobre un tema rococó Op. 33 de Piotr Ilich Chaikovski,