Nova: A Xunta facilita a unha trintena de profesionais a asistencia de actividades do sector do libro
31/08/2024
A Xunta facilita a unha trintena de profesionais a asistencia de actividades do sector do libro
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de resolver a súa liña de axudas para que persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras poidan participar en citas nacionais e internacionais
O obxectivo desta medida é facilitar a internacionalización da cultura galega en destinos como Madrid, Barcelona, México Italia, Suíza ou Alemaña
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2024
A Xunta de Galicia facilita a asistencia dunha trintena de profesionais a actividades do sector do libro organizados tanto a nivel nacional como internacional. Así, se recolle na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e na que se inclúen persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras ou escritoras.
O obxectivo da convocatoria, dotada con máis de 40.000€, é fomentar a internacionalización da cultura galega. Para iso, tal e como figura na resolución, un total de 13 empresas editoriais e 14 profesionais do sector do libro recibirán importes desde 500 a 3200€ para asistir a citas en Madrid, Barcelona, Granada ou Xixón, así como eventos internacionais en México, Italia, Alemaña, Francia, Arxentina, Suíza ou Kenia.
Novidades con respecto a 2023
Entre as principais novidades con respecto á convocatoria do 2023, atópase a maior axilidade na súa xestión, á vez que recolle unha maior precisión na cobertura das accións subvencionables. Deste xeito, redúcese o prazo de solicitudes, o que permite facer unha única resolución de concesión que aporta unha maior axilidade na xestión. Ademais, nesta edición debúllase o importe da indemnización por uso do vehículo por quilómetro e tamén se inclúe os gastos da peaxe debidamente xustificados, o que supón unha maior precisión e cobertura das accións subvencionables.
De igual xeito, esta nova convocatoria inclúe unha apertura con respecto á súa aplicación, xa que as persoas beneficiarias teñen que desenvolver a súa actividade no sector do libro maioritariamente no ámbito da Comunidade Autónoma e suprímese a esixencia de ter un departamento de edición ou tradución en Galicia.