Nova: López Campos comparte coa veciñanza unha xornada tradicional na fraga do río Sisalde

07/09/2024

López Campos comparte coa veciñanza unha xornada tradicional na fraga do río Sisalde

Arteixo (A Coruña), 7 de setembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, achegouse este sábado a Arteixo para gozar do VI Festival Folk Sisalde onde recoñeceu o gran valor de “unir algo tan noso como é a música dos grupos galegos con espazos naturais como esta fraga á beira do río Sisalde”. Unha proposta, dixo, “que vén afianzar a nosa cultura máis arraigada, esa que nos leva a compartir coa familia e veciñanza unha xornada popular a modo das tradicionais romerías”.

Así, o representante de cultura da Xunta quixo felicitar o bo traballo realizado pola organización deste festival que está incluído no CulturOn, a campaña do Goberno galego que enche de actividades culturais este verán con máis de 30 propostas diarias en máis de 200 concellos desde o mes de xuño.

Comparte