Nova: López Campos e Ernest Urtasun dialogan sobre o momento cultural que vive Galicia

25/09/2024

López Campos e Ernest Urtasun dialogan sobre o momento cultural que vive Galicia

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o ministro de Cultura, Ernest Urtasun, mantiveron unha xuntanza durante a visita deste último a Galicia no marco do X Encuentro Cultura y Ciudadanía que este ano leva por título 10 años. Desplazamientos, desafíos y deseos para nuestro sistema cultural, na que tomaron parte ambos. Na conversa, o representante do Goberno central interesouse de primeira man polo modelo cultural da comunidade e polo desenvolvemento de diversas iniciativas postas en marcha pola Xunta de Galicia.

Comparte