Nova: Belén do Campo asiste á Ópera 'L´eisir d´amore' dentro da Tempada Lírica da Coruña

29/09/2024

Belén do Campo asiste á Ópera 'L´eisir d´amore' dentro da Tempada Lírica da Coruña

A Coruña, 29 de setembro de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu á ópera “L´elisir d´amore” de G.Donizetti coa Orquesta Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos no Teatro Colón, organizada pola Asociación de Amigos da Ópera dentro da programación da Tempada Lírica.

Para dar vida a Adina actuou a soprano Ruth Iniesta, que chega á Coruña tras os éxitos cultivados nos últimos anos, sendo a última gañadora do premio Talia na categoría de Mellor Intérprete Feminina en Lírica. O rol de Nemorino foi interpretado por Ramón Vargas, que regresa á cidade herculina despois da súa única visita realizada en 2015 canto protagonizou un recital que foi aplaudido por crítica e público.

Comparte