Nova: Belén do Campo asiste ao concerto de clave de Maude Graton organizado pola Fundación Groba

03/10/2024

Belén do Campo asiste ao concerto de clave de Maude Graton organizado pola Fundación Groba

A Coruña, 3 de outubro de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu ao concerto de clave de Maude Graton, organizado pola Fundación Rogelio Groba, incluído dentro do III ciclo de concertos Noites na Cidade Vella no Palacio de Capitanía. 

Noites na Cidade Vella celébrase desde o pasado 13 de setembro ata  12 de outubro en diversos escenarios históricos da Coruña cunha variada e enriquecedora programación que inclúe nove concertos e recitais. Estes eventos se están levando a cabo en espazos icónicos da Coruña.

O Ensemble da Fundación Groba e a Orquestra de Cámara Galega, baixo a dirección de Rogelio Groba, seguen desempeñando o seu labor de difusión cultural, alicerce fundamental da Fundación Rogelio Groba.

Esta institución é única en Galicia, leva máis de dúas décadas dedicada á monumental tarefa de catalogar, protexer e difundir a obra dun dos compositores e intelectuais máis influíntes do século XX en Galicia. Ao longo destes anos, a Fundación Groba non só preservou o valioso legado de Rogelio Groba, senón que tamén levou a música clásica universal e as creacións de autores galegos a todos os recunchos de Galicia e máis aló das súas fronteiras.

Comparte