Nova: López Campos pon en valor o Premio de Novela Casino de Santiago polo “fomento dos hábitos lectores”

27/11/2024

López Campos pon en valor o Premio de Novela Casino de Santiago polo “fomento dos hábitos lectores”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participou na entrega do recoñecemento a Juan Tallón na XVII edición do certame, onde lembrou que “a literatura é un dos piares máis importantes a nivel cultural”

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na entrega do XVII Premio de Novela Europea Casino de Santiago, que recibiu Juan Tallón polo libro Obra Maestra, onde gabou o certame por “fomentar o hábito lector da sociedade galega con ese incentivo de ser partícipes na elección das publicacións favoritas”.

Así, o representante da Xunta lembrou que “a literatura é un dos piares máis importantes na cultura, porque nos abre ao coñecemento e á imaxinación”, por iso, dixo, “hai que celebrar este tipo de iniciativas que nos conectan coa creación literaria propia e a nivel europeo”. Neste senso, agradeceu á organización, a Asociación Cultural Casino de Santiago, o seu labor no ámbito da dinamización cultural e a aposta por un premio que é “é xa un referente na cidade que trascende máis alá dela”.

Ademais de felicitar ao gañador, López Campos fixo o propio cos finalistas, Berta Dávila, Anne Berest, Nicoloa Lagioia e Chris Whitaker, e animou á cidadanía a continuar cultivando o interese pola lectura. Así, tamén recordou que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude mobilizará 27M€ para levar a cabo o Plan de Lectura de Galicia co horizonte en 2030.

Comparte