Nova: A Xunta colabora na nova edición do Concurso de Corda Cidade de Vigo que xa conta con 83 participantes
02/12/2024
A Xunta colabora na nova edición do Concurso de Corda Cidade de Vigo que xa conta con 83 participantes
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou na presentación do evento que se celebrará do 4 ao 8 de decembro no Conservatorio Superior de Música
Vigo, 2 de decembro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este luns na presentación do XIII Concurso de Corda “Cidade de Vigo” que se celebrará do 4 ao 8 de decembro. Organizado pola Asociación Galega de Instrumentos de Corda (AGIC), coa colaboración da Xunta de Galicia. O concurso celebrarase no Conservatorio Superior de Música de Vigo cun novo récord de rexistrados, un total de 83 músicos de menos de hasta 23 anos, estudantes matriculados en España e Portugal nas catro modalidades: violín, violoncelo, viola e contrabaixo.
As probas serán abertas ao público e concluirán cun concerto final de gañadores que se celebrará o domingo 8 de novembro (11:00 horas). O xurado do concurso estará presidido polo Mestre Maximino Zumalave (fundador e director asociado da Filharmonía de Galicia) e formado por Marta Vélez, profesora de Violín e Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo; Leonardo Blanco, profesor de Violín no Conservatorio Profesional de Música de Vigo; Miguel Rocha, profesor de Violoncelo ESART Lisboa; Antonio Pereira, profesor de Viola na Universidade de Aveiro Portugal; Juan Carlos Villar, profesor de Contrabaixo no Conservatorio Profesional de Música de Vigo; e Fernando Areas Villarroel, profesor de Violoncelo no Conservatorio Profesional de Vigo.