Nova: O Conservatorio de música de Lugo, dependente da Xunta, acolle o luns un evento de música e danza

17/01/2025

O Conservatorio de música de Lugo, dependente da Xunta, acolle o luns un evento de música e danza

Lugo, 17 de xaneiro de 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe na presentación do concerto ‘Minimalismo, Ensemble de clarinetes e danza’, que acollerá o próximo luns 20 de xaneiro o auditorio do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo. No acto estiveron tamén o director deste centro, Borja Durán, e a directora do Conservatorio Profesional da Danza, Cristina Lata. 

A actuación comezará ás 20,00 horas e contará co Ensemble de Clarinetes do Conservatorio de música  xunto con alumnado de Danza. Ambos centros dependen da Administración autonómica. 

A programación inclúe pezas de Hans Zimmer, Philip Glass, Yann Tiersen e Serban Nichifor interpretadas polo Ensemble de Clarinetes do conservatorio de música. Alumnado do grao profesional de danza porá en escena coreografías creadas por profesoras do centro.

Comparte