Nova: A Xunta recoñece a contribución do Real Coro Toxos e Froles á promoción da cultura e tradicións galegas no 110 aniversario da súa fundación

26/01/2025

A Xunta recoñece a contribución do Real Coro Toxos e Froles á promoción da cultura e tradicións galegas no 110 aniversario da súa fundación

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde ao festival que a entidade organizou no seu local social para conmemorar a efeméride

Ferrol, 25 de xaneiro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde ao festival 110 anos Cantando, co que o Real Coro Toxos e Froles conmemorou os 110 anos da publicación dos seus estatutos fundacionais.

Durante o acto que contou tamén coa presenza do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, entre outras autoridades, Aneiros recoñeceu o traballo “incansable” que a entidade vén desenvolvendo desde 1915 para preservar e promover a cultura, as tradicións e a identidade galegas e destacou a súa contribución non só á cidade de Ferrol senón ao legado de toda Galicia.

A delegada da Xunta trasladou á entidade os parabéns do Goberno galego e atribuiulles o mérito de que “o nome do Real Coro Toxos e Froles sega sendo un símbolo de orgullo e identidade galega a través das xeracións”.

O apartado musical do evento correu a cargo do grupo de cantareiras Gradaílle da entidade ferrolá e das pandeireteiras da asociación Xacarandaina.

Comparte