Nova: López Campos homenaxea o ilustre Alfredo Brañas no 125 aniversario do seu cabodano

21/02/2025

López Campos homenaxea o ilustre Alfredo Brañas no 125 aniversario do seu cabodano

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe nos actos en homenaxe polo 125 aniversario do cabodano do escritor e xurista, Alfredo Brañas, a quen salientou como unha das figuras máis influentes de finais do século XIX e precursor do rexionalismo galego da época.

Ao acto en lembranza e recoñecemento do autor, que foi celebrado no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, onde se depositaron os seus restos en 1906, tamén asistiron o secretario xeral da Lingua, Valentín García e representantes da fundación Alfredo Brañas.

Comparte