Nova: A Biblioteca Pública da Xunta en Lugo acolle a exposición itinerante sobre os 150 anos da Banda de Música de Paradela

19/03/2025

A Biblioteca Pública da Xunta en Lugo acolle a exposición itinerante sobre os 150 anos da Banda de Música de Paradela

Lugo, 19 de marzo de 2025

A Biblioteca Pública Provincial da Xunta en Lugo acolle desde hoxe a exposición itinerante sobre o 150 aniversario da Banda de Música de Paradela, impulsada polo colectivo Egeria. No acto de inauguración participou o delegado territorial, Javier Arias, xunto á directora do centro, María Isabel Pérez Fórneas, e o presidente da entidade organizadora, Xulio Xiz, entre outros.

A mostra, que permanecerá na Biblioteca durante quince días, consta de 12 paneis con textos e fotos que, a través de información recollida de distintas publicacións, repasa a traxectoria da banda desde a súa formación en 1873. Foi exposta por primeira vez en Paradela con motivo da feira anual do San Cidre do 2023.

Comparte