Nova: Arias destaca que a Xunta destinou 206.800 euros o ano pasado a dez intervencións arqueolóxicas en Lugo, seis delas na Zona Sur

05/04/2025

Arias destaca que a Xunta destinou 206.800 euros o ano pasado a dez intervencións arqueolóxicas en Lugo, seis delas na Zona Sur

Folgoso do Courel (Lugo), 5 de abril de 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, destacou hoxe en Folgoso do Courel que o Plan autonómico de Intervencións Arqueolóxicas destinou o ano pasado 206.800 euros a impulsar dez actuacións na provincia de Lugo, seis delas na Zona Sur.

Arias participou na inauguración das xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido, onde en 2024 se levou a cabo unha nova campaña de prospeccións e consolidación do xacemento financiada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con 25.000 euros. Estes traballos danlle continuidade aos desenvolvidos nos tres anos anteriores para estudar este mesmo espazo.

O encontro está organizado polo Consejo Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e entre os investigadores e profesionais que participan nos relatorios e mesas redondas que acollerá durante todo o día a Estación Científica do Courel figura o xefe do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Roberto Pena. Mañá haberá unha visita guiada ao Monte Cido.

Comparte