Nova: Anxo M. Lorenzo salienta a unión de música e patrimonio na XVII edición do ciclo de música relixiosa

10/04/2025

Anxo M. Lorenzo salienta a unión de música e patrimonio na XVII edición do ciclo de música relixiosa

O director xeral de Cultura presenta o programa que, co apoio da Xunta de Galicia, sumará un total de oito concertos desde o 26 de abril ata o 13 de setembro

Mondariz (Pontevedra), 10 de abril de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da XVII edición do ciclo de música relixiosa Barcia de Mera, onde fixo fincapé na importancia desta iniciativa na que se mesturan a música e o patrimonio nunha cita que pretende achegar a cultura ao rural e a todos os públicos.

Tal e como destacou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude este tipo de iniciativas van en liña cos obxectivos da recentemente aprobada Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia ao chegar a cultura a todos os lugares da Comunidade. Así, a programación, que conta de novo co apoio do Goberno galego, desenvolverse do 26 de abril ata o 13 de setembro cun total de oito concertos que se celebrarán na igrexa barroca de San Martiño de Barcia de Mera, no concello de Covelo, conxunto recoñecido como Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.

O primeiro concerto correrá a cargo de Vox Stellae. O 10 de maio será a quenda do Dúo Allentamento, mentres que o 14 de xuño actuará o tenor Jose Manuel Montero e o día 28, dirixido por Ignacio García, terá lugar o recital poético-musical Tan sabia como valerosa. En xullo, a cita será o día 26 con Mario y Orestes Gás. Xa en agosto, con dúas actuacións o día 15, será a quenda do Dúo de Clave e Violín, mentres que o día 30 estará Guillermo Pastrana. O concerto de clausura desta XVII edición do ciclo será o 13 de setembro co Trío de cordas Sociedad Musical Gramatges.

Comparte