Nova: Sesión plenaria extraordinaria da RAG co gallo das Letras Galegas
17/05/2015
Sesión plenaria extraordinaria da RAG co gallo das Letras Galegas
Estivo presidida polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez
Pontevedra, 17 de maio.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu a sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega (RAG), co gallo do Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica ao intelectual, historiador e polígrafo Xosé Filgueira Valverde.