Nova: Rodaxe en Galicia da película María (y los demás), da directora catalá Nely Reguera

19/05/2015

Rodaxe en Galicia da película María (y los demás), da directora catalá Nely Reguera

Un total de 8 artistas galegos poñen o seu talento nesta fita da produtora galega Frida Films

  • María (y los demás)
  • O conselleiro de Cultura e Educación visita a rodaxe da película ‘María (y los demás)’ O conselleiro de Cultura e Educación visita a rodaxe da película ‘María (y los demás)’
  • O conselleiro de Cultura e Educación visita a rodaxe da película ‘María (y los demás)’ O conselleiro de Cultura e Educación visita a rodaxe da película ‘María (y los demás)’
  • O conselleiro de Cultura e Educación visita a rodaxe da película ‘María (y los demás)’ O conselleiro de Cultura e Educación visita a rodaxe da película ‘María (y los demás)’

Vilaboa (Culleredo), 19 de maio de 2015.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou esta tarde a rodaxe da película ‘María (y los demás)’, unha fita da produtora galega FridaFilms que conta co apoio da Consellería a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Durante o seu percorrido polo set de rodaxe, o conselleiro sinalou a importancia de que o cinema español reflicta non só a paisaxe galega, senón o talento dos profesionais do noso audiovisual. Non en balde, un total de 8 artistas galegos poñen o seu talento baixo a dirección de Nely Reguera na que é a primeira longamentraxe da directora catalá, que será rodada integramente en Galicia durante 4 semanas. Na visita participaron tamén o director da Agadic, Jacobo Sutil, e a coordinadora de Política Audiovisual da axencia, Dolores Meijomín.

Con Bárbara Lennie como protagonista, compoñen o elenco de ‘María (y los demás)’ José Ángel Egido, Miguel de Lira, María Vázquez, Alexandra Piñeiro, Ernesto Chao, Luisa Merelas, Xulio Abonjo e José Rial – todos eles galegos-, ademais de Pablo Derqui, Vito Sanz, Julián Villagrán, Marina Skell e Rocío León, entre outros. Ademais de contar co apoio da Consellería de Cultura e Educación a través da Agadic, a longametraxe está coproducida por Promo Allanda e Avalon P.C. e conta coa colaboración do Instituto de Cinematografía y las Artes Audiovisuales (ICAA) e da Televisión de Galicia.

A fita narra a historia de María, que desde os 15 anos dedica a súa vida a coidar da súa familia, tras a morte de súa nai. A decisión de seu pai de refacer a súa vida con outra muller obriga a María a repensar o seu destino e atreverse a tomar decisións, que ata o momento eludira, para poder avanzar.
 

Comparte