Nova: O Museo do Mar de Galicia acolle a presentación do libro Naufragios en las costas gallegas

05/06/2015

O Museo do Mar de Galicia acolle a presentación do libro Naufragios en las costas gallegas

O arqueólogo e historiador Ramón Patiño, autor da obra, é unha referencia no ámbito da arqueoloxía subacuática

  • Museo do Mar de Galicia

Vigo, 5 de xuño de 2015.- O Museo do Mar de Galicia, en Vigo, acolleu a presentación do libro Naufragios en las costas gallegas do arqueólogo subacuático e historiador Ramón Patiño. Trátase dunha revisión e ampliación do editado no ano 2002 da catalogación de xacementos submarinos.

A investigación recollida na obra permitiu relacionar algúns restos de naufraxios das costas galegas con feitos aparecidos en arquivos ingleses, franceses e españois. Como resultado obtívose un aumento do número de pecios coñecidos e a corrección de erros nalgunhas das localizacións.Na publicación dáse conta dos máis de trescentos barcos que hai afundidos nas costas galegas, desde Miño ata Ribadeo.

Comparte