Nova: Entrega dos premios do concurso audiovisual Nós tamén creamos!

15/06/2015

Entrega dos premios do concurso audiovisual Nós tamén creamos!

O CEIP Bergantiños, o da Torre-Illa e o Carlos Casares recibiron os galardóns desta cuarta edición do programa que organiza a Cultura, coa colaboración da TVG e de OQO editora

O CEIP Santa María da Fonsagrada, o Josefa Alonso de Alonso e o CRA de Meis recolleron senllas mencións especiais do xurado

  • Nós tamén creamos!
  • Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entregou esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia os premios a curtas de animación en galego realizadas baixo a técnica stop-motion no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entregou esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia os premios a curtas de animación en galego realizadas baixo a técnica stop-motion no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2015.- Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entregou esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia os premios a curtas de animación en galego realizadas baixo a técnica stop-motion no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!

O conselleiro quixo ter unha lembranza á conmemoración –hoxe- dos 32 anos da aprobación da Lei de normalización lingüística polo Parlamento de Galicia: “un fito histórico, se cadra o máis relevante para a lingua galega de todo o século XX, que recoñeceu o galego como a nosa lingua propia, garantiu a igualdade xurídica do galego co castelán e serviu de punto de partida para a recuperación do prestixio e de moitos usos sociais do noso idioma que se produciu neste período democrático”.

En palabras do titular de Cultura e Educación, “os traballos audiovisuais premiados son, en boa medida, froito desa lei. Se os seus impulsores e redactores puidesen ver hai 32 anos estas producións en galego, feitas dende a escola polos nenos e nenas empregando a linguaxe audiovisual e as TIC, estarían enormemente satisfeitos. E tamén gratamente sorprendidos de ver o uso das tecnoloxías máis modernas na nosa lingua e de comprobar a existencia dunha auténtica canteira de creadores novos que están en disposición de asegurar o futuro do audiovisual galego e en galego”.

Ao acto de entrega dos premios Nós tamén creamos! participaron, a canda o conselleiro, Manuel Corredoira, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa; Rosa Vilas, directora-xerente da Televisón de Galicia; Marcos López, responsable da área audiovisual de OQO editora, e Xulia Marqués, coordinadora central dos equipos de dinamización da lingua galega.

Asistiu tamén unha ampla representación de profesorado e de alumnado participante na elaboración das curtas premiadas ou que recibiron mención, así como pais e nais destes estudantes. A condución do evento correu a cargo do actor e músico, Paco Nogueiras, que ofreceu un pequeno concerto Brinca Vai! ao remate da entrega.

Tres curtas gañadoras
Na modalidade de segundo ciclo de educación infantil o traballo seleccionado polo xurado de Nós tamén creamos! foi “A voda dos ratos”, do CEIP Bergantiños de Carballo (A Coruña), mentres que na modalidade de 1º e 2º de educación primaria, o centro galardoado foi o CEIP da Torre-Illa da Illa de Arousa (Pontevedra), que concorreu ao certame coa curta “Quen levou a lúa?”. Na modalidade 3º e 4º de educación primaria fíxose co premio o CEIP Carlos Casares de Nigrán (Pontevedra), coa peza “Un can e un gato”.

Todas as pezas audiovisuais poden verse xa no web www.lingua.gal e mais na sección infantil do web da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG), http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos.

Os colexios galardoados recibiron un lote de libros de OQOeditora, unha pantalla de plasma cedida pola CRTVG e un diploma acreditativo expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademais, o profesorado implicado na elaboración das curtas recibiu unha certificación de Premio de Innovación Educativa cunha equivalencia de 20 horas de formación do profesorado.

Tres mencións especiais pola alta calidade dos traballos
A alta calidade dos traballos presentados levou o xurado dos premios Nós tamén creamos! a outorgar mencións especiais por cuarto ano consecutivo. Foron merecentes delas as curtas “A vella na botella”, do CRA de Meis (Pontevedra), pola orixinalidade da proposta estética; “O can e o gato” do CEIP Josefa Alonso de Alonso de Vigo (Pontevedra), pola calidade técnica e a creatividade plástica, e “Un can e un gato” do CEIP Santa María da Fonsagrada (Lugo), pola expresividade lingüística e a calidade da animación. Estas curtas están tamén accesibles nos webs indicados arriba.

Dinamización lingüística no ensino
O concurso Nós tamén creamos! enmárcase nun programa de dinamización lingüística que leva o mesmo nome, iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Con ela colaboran a CRTVG e OQOeditora para formar e asesorar a profesorado dos centros educativos participantes co fin de que estes realicen con alumnado de 3 a 9 anos curtas de animación en galego baseadas en contos fornecidos pola citada editorial.

Os obxectivos de Nós tamén creamos! son promover unha imaxe positiva e actual da lingua galega mediante a súa ligazón con actividades relacionadas coa cultura actual (audiovisual, TIC...), favorecer a aprendizaxe e o uso da lingua propia de Galicia en novos ámbitos e formatos e mais dar a coñecer as opcións de ocio en galego que lles ofrece aos cativos a sección infantil do web da TVG.

Innovación educativa
Paralelamente, Nós tamén creamos! fomenta a lectura en lingua galega, a creatividade e a formación estética, así como o coñecemento da linguaxe audiovisual e das ferramentas TIC. Todos isto convérteo nun programa moi completo e promotor da innovación educativa.

Esta acción está en consonancia con outras que centran as liñas prioritarias de acción da Consellería e Educación, coma o fomento do hábito lector -que se desenvolve fundamentalmente a través do Plan LÍA 2012/2015 de bibliotecas escolares para a lectura, a información e a aprendizaxe-, a promoción da sociedade da información –que se realiza mediante o proxecto Abalar- ou o fomento do galego, que, nos centros educativos, se leva adiante, sobre todo, a través dos equipos de dinamización da lingua galega.

Comparte