Nova: O Pacífico, protagonista dunha mostra no Museo do Mar de Galicia

16/06/2015

O Pacífico, protagonista dunha mostra no Museo do Mar de Galicia

Está organizada de forma conxunta polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Acción Cultural Española e a Consellería de Cultura

  • Cartel da mostra  'Pacífico. España y la aventura de la Mar del Sur' Cartel da mostra 'Pacífico. España y la aventura de la Mar del Sur'
  • O conselleiro de Cultura e Educación participou na inauguración desta mostra, organizada de forma conxunta polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Acción Cultural Española e a Consellería O conselleiro de Cultura e Educación participou na inauguración desta mostra, organizada de forma conxunta polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Acción Cultural Española e a Consellería

Vigo, 16 de xuño de 2015.- O Museo do Mar de Galicia acolle a mostra 'Pacífico. España y la aventura de la Mar del Sur', organizada de forma conxunta polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte –a través do Archivo General de Indias en Sevilla–, Acción Cultural Española e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Na inauguración, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, recordou e puxo en valor os lazos que uniron –e unen– a España co Océano Pacífico, vixentes hoxe máis que nunca arredor da exposición. O conselleiro explicou que se trata dunha mostra temporal moi importante “polo calado do proxecto expositivo” e polo “rigor e interese do tema”, na que se nos fala das relacións históricas “de descubrimento mutuo, entre España e as nacións costeiras do océano Pacífico.”

A mostra permanecerá no Museo do Mar de Galicia ata o vindeiro 30 de agosto, esta exposición exhibe ao público en xeral o rico patrimonio documental que se conserva desas expedicións polo maior océano da Terra. En total, está conformada por un centenar de copias facsimilares de escritos procedentes dos arquivos estatais españois, escenografías e audiovisuais que mostran o descubrimento e a consecuente exploración de dito océano.

Ao acto de inauguración tamén asistiron o director de Programación de Acción Cultural Española, Jorge Sobredo Galanes; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a directora do Museo do Mar de Galicia, Marta Lucio; e un dos comisario da exposición, Antonio Sánchez de Mora.

Esta mostra non só simboliza o legado español creado en torno ao Pacífico, senón tamén o intercambio cultural que se produciu entre todos aqueles pobos que empregaron esta extensa vía de comunicación. De feito, este espazo acercou a tres continentes –Asia, América e Europa–, cuxas relacións pronto se trasladaron ao ámbito económico, social e cultural.

Esa ponte de intercambio tamén se ve reflectida na exposición, posto que foi concibida para ser mostrada á vez en dous países diferentes. Tras o seu paso por Manila (Filipinas), Bogotá (Colombia), Quito (Ecuador) e México D.F. así como por varias zonas de España, ‘Pacífico. España y la aventura de la Mar del Sur’ recala agora de xeito simultáneo en Vigo e, de novo, México D.F.

A exposición, en partes
O Océano Pacífico exerceu, por tanto, de enlace de culturas, unha tarefa na que España tivo especial relevancia, posto que foi Vasco Núñez de Balboa quen deu a coñecer a existencia do océano a toda Europa. Neste senso, a primeira parte da exposición céntrase en dito descubrimento e o interese a posteriori doutros navegantes por coñecer esas augas.

A parte central da mostra conta as expedicións realizadas no océano, dende a primeira encabezada por Magallanes ata outras moitas que deixaron valiosos mapas, cartas e documentos da época para a posterioridade.

Por último, a exposición presenta ‘De la estela al camino, el Pacífico puente entre continentes’, un capítulo onde se visualiza a importancia de cidades como Manila e Acapulco, dous portos dende os que se fraguaron as relacións intercontinentais.
 
Comparte