Nova: O Consello Reitor da Agadic acepta a renuncia de Manuel Guede Oliva como director do Centro Dramático Galego

17/06/2015

O Consello Reitor da Agadic acepta a renuncia de Manuel Guede Oliva como director do Centro Dramático Galego

Porase en marcha de xeito inmediato un procedemento público para a provisión deste posto 

  • Manuel Guede Oliva

Santiago, 17 de xuño de 2015.- O Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) resolveu na súa reunión de hoxe aceptar a renuncia presentada por Manuel Guede Oliva como director do Centro Dramático Galego, quen cesa no seu posto a petición propia e por motivos persoais.

O máximo órgano de dirección da Agadic, que preside o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, expresou o seu agradecemento aos servizos prestados por Guede Oliva.

Autorizou, así mesmo, a posta en marcha de xeito inmediato dun procedemento público de selección cara á provisión da praza de coordinador/a do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais, cargo que ocupaba Manuel Guede desde setembro de 2012 e que comprende as funcións de dirixir a compañía institucional galega de teatro.

Comparte