Nova: Medidas para facilitar a participación de persoas xordas nas actividades da Cidade da Cultura

10/07/2015

Medidas para facilitar a participación de persoas xordas nas actividades da Cidade da Cultura

Un servizo de interpretación á lingua de signos, guías-intérpretes ou contidos adaptados serán medidas derivadas desta liña de traballo

A directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño, e o presidente da Federación de Persoas Xordas de Galicia firmaronun convenio marco de colaboración

 

  • A directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño, e o presidente da Federación de Persoas Xordas de Galicia firmaron esta mañá na Cidade da Cultura un convenio marco de colaboración A directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño, e o presidente da Federación de Persoas Xordas de Galicia firmaron esta mañá na Cidade da Cultura un convenio marco de colaboración

Santiago, 10 de xullo de 2015.- A Fundación Cidade da Cultura de Galicia vén de asinar un convenio marco de colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia co obxectivo de favorecer a accesibilidade das persoas que forman parte deste colectivo ás actividades que se organizan no Gaiás.

O convenio foi asinado esta mañá pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño, e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Iker Sertucha Lista, nun acto celebrado na Cidade da Cultura ao que asistiu tamén o vicepresidente da Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, Miguel Dorado, e a directora de Acción Cultura da Fundación Cidade da Cultura, María Pereira Otero.

O obxectivo desta colaboración é promover a comunicación real e efectiva para persoas xordas ou xordocegas no marco dos eventos que teñan lugar na Gaiás. Deste xeito, nos próximos meses iranse poñendo en marcha unha serie de iniciativas, como a posibilidade de que a federación ofreza servizo de intérpretes de lingua de signos española ou guías-intérpretes para persoas xordocegas en eventos celebrados na Cidade da Cultura, así como a implementación de materiais adaptados nas exposición que axuden a este colectivo a acceder a eses contidos.

Con este convenio, a Fundación Cidade da Cultura avanza na súa liña de desenvolver unha programación cultural aberta, traballando na eliminación de barreiras de comunicación e favorecendo a accesibilidade.

Comparte