Nova: Nova edición do programa Venres nas librarías para promover o libro e a lectura

14/07/2015

Nova edición do programa Venres nas librarías para promover o libro e a lectura

Desenvolverase en toda Galicia durante as fins de semana de outubro e novembro de 2015 e de febreiro e marzo de 2016

A través de presentacións, encontros con escritores e outras actividades, trátase de dinamizar o libro galego, incrementar o hábito lector e reforzar o papel das librarías na consolidación do tecido cultural
 
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou hoxe a segunda edición do programa ‘Venres nas Librarías’ O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou hoxe a segunda edición do programa ‘Venres nas librarías’

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou hoxe a segunda edición do programa ‘Venres nas Librarías’ O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou a segunda edición do programa ‘Venres nas librarías’

Santiago, 14 de xullo de 2015.- A segunda edición do programa ‘Venres nas librarías’ presentouse coa participación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez. Trátase dunha iniciativa conxunta coa Consellería de Economía e Industria na que colaboran un ano máis a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores (AGE), e que ten como principal finalidade a dinamización do libro e da lectura entre todos os ámbitos da sociedade.

Na súa intervención o conselleiro subliñou o espírito dos ‘Venres nas librarías’ como punto de encontro e de diálogo entre autores e autoras e o público en xeral. Unha iniciativa -segundo dixo- “cuxo valor fundamental reside en promover o hábito lector entre os cidadáns, e en dar a coñecer as novidades editoriais dos nosos creadores e creadoras”. Román Rodríguez tamén salientou a importancia de deseñar actividades específicas para os máis novos, un método de introducilos na paixón polos libros xa desde idades temperás.

Financiada con 12.000 euros
No presentación desta nova edición –que a Consellería financia con 12.000 euros- tamén interviron a presidenta da Asociación Galega de Editores Laura Rodríguez Herrera; a presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez; a directora xeral de Comercio, Sol Mª Vázquez; e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Os ‘Venres nas librarías’ desenvolveranse durante todas as fins de semana de outubro e novembro deste ano e de febreiro e marzo de 2016. Coma na pasada edición, a campaña céntrase na libraría como axente indispensable para a consolidación do tecido cultural, e como espazo físico de encontro entre lectores e lectoras con autores e autoras da Comunidade que publicaran algunha obra ao longo do último ano, en aras de promover o libro galego e incrementar o público lector.

Participación activa do público lector
Entre as actividades que impulsa o programa nas diferentes librarías para estimular a participación social do público lector destaca a presentación de novidades editoriais, conversas entre escritores e asistentes, lecturas dramatizas de obras literarias e lecturas poéticas, entre outras, con propostas que favorezan a participación activa de público de todas as idades.

Promoción do libro tamén nas redes
Para favorecer o coñecemento social desta iniciativa, ‘Venres nas librarías’ volverá poñer en marcha este ano, a través das redes sociais Facebook e Twitter, O andel do agasallo. Deste xeito, cada semana iniciarase un concurso para, mediante diversas pistas, descubrir algún libro galego. O lector ou lectora que o acerte será agasallado ou agasallada co dito volume.

Polo tanto, esta campaña busca promover unha implicación activa por parte do público, á vez que o libro galego –sobre todo o de recente publicación– e os autores e as autoras da Comunidade gañan en visibilidade e, ao mesmo tempo, as librarías atraen máis lectores e lectoras ata os seus andeis.

Unha quincena de presentacións
Ao igual que en 2014, nesta nova edición do programa poderán participar todas as librarías interesadas e asociadas á Federación de Librarías de Galicia, que será, en último termo, a encargada da selección. Por outro banda, a AGE fará o propio cos autores e autoras que manifesten a súa intención de participar na campaña.

Baixo a acción coordinada da Xunta, da Federación de Librarías e mais da AGE, implicadas na xestión do libro en Galicia, a primeira edición de Venres nas librarías contou cun balance de participación de catro editoriais, 13 autores e autoras, e 15 presentacións en librerías de distintos puntos de Galicia que solicitaron a adhesión ao programa.
 
Comparte