Nova: Entrega dos premios Insua dos Poetas 2015

18/07/2015

Entrega dos premios Insua dos Poetas 2015

Recaeron en Manuel Rivas (Letras), Francisco Lores Mascato (Cultura Galega na Emigración), Grupo Ecoloxista Outeiro (Arte e Medio Ambiente), Grupo Gadisa (Compromiso Económico e Social) e Faro de Vigo (Comunicación e Difusión Cultural)

Carballiño, 18 de xullo de 2015.- A VII edición da Festa da Palabra da Insua dos Poetas dedicou a edición de este ano a Francisco Lois Fernández, poeta nado en Bos Aires e galego de sentimento e que pertenceu a xeración de 1922. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez asistiu á Festa da Palabra da que salientou que  “hoxe máis que nunca é punto de encontro entre Arxentina e Galicia, ponte de unión entre escritores que, a dez mil quilómetros de distancia, comparten un sentimento común”.

Rodríguez gabou a figura do escritor ao que se referiu como “un intelectual que amaba por igual a Arxentina e a Galicia, un poeta que comezou escribindo en lingua galega e que nos legou unha obra que honra as letras hispánicas”.

Galardóns Ínsua dos Poetas
Neste acto tamén se fixeron entrega dos galardóns Insua dos Poetas que este ano recaeron en Manuel Rivas (Letras), Francisco Lores Mascato (Cultura Galega na Emigración), Grupo Ecoloxista Outeiro (Arte e Medio Ambiente), Grupo Gadisa (Compromiso Económico e Social) e Faro de Vigo (Comunicación e Difusión Cultural).

Xunto ao conselleiro, tamén acudiron ao acto os secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García; o presidenta da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o presidente da Fundación da Insua dos Poetas, Luís González Tosar; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; e o presidente da Academia Arxentina de Letras, José Luís Moure.

Biografía
Nado en Arxentina e de pais galegos, Francisco Luís Bernárdez, non tardou en volver á terra de seus proxenitores onde sería redactor de El Pueblo Gallego. En canto a súa obra poética cabe destacar títulos como “Poemas Elementales” e “Poemas de Carne y Hueso” grazas os cales acadou o Premio Nacional de Poesía de Argentina no ano 1944.
 

Comparte