Nova: O Festival Internacional de Percusión festexa a súa décima edición con concertos e actividades na comarca do Deza

23/07/2015

O Festival Internacional de Percusión festexa a súa décima edición con concertos e actividades na comarca do Deza

Agolada, Vila de Cruces e Lalín acollerán concursos musicais, actuacións de recoñecidos artistas e grupos, así como unha festa de aniversario

  • O Festival Internacional de Percusión celebra este ano a súa décima edición con diversos concertos na comarca do Deza O Festival Internacional de Percusión celebra este ano a súa décima edición con diversos concertos na comarca do Deza
  • O Festival Internacional de Percusión celebra este ano a súa décima edición con diversos concertos na comarca do Deza O Festival Internacional de Percusión celebra este ano a súa décima edición con diversos concertos na comarca do Deza
  • O Festival Internacional de Percusión celebra este ano a súa décima edición con diversos concertos na comarca do Deza O Festival Internacional de Percusión celebra este ano a súa décima edición con diversos concertos na comarca do Deza

Vila de Cruces (Pontevedra), 23 de xullo de 2015.- O Festival Internacional de Percusión celebra este ano a súa décima edición con diversos concertos na comarca do Deza, que se desenvolverán desde o 30 de xullo ata o vindeiro 13 de agosto nas localidades de Agolada, Vila de Cruces e Lalín.

A organización da iniciativa, que conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, corre a cargo de Odaiko Percussion Group, cuxos membros participaron hoxe na rolda de prensa de presentación do festival, xunto co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e co alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero.

Unha nova ollada musical
“O festival ofrece unha nova ollada musical coa que familiarizar o público coas sonoridades máis actuais a través de grupos e percusionistas nacionais e internacionais, que presentan espectáculos e producións propias anovadoras co fin de sorprender o espectador”, afirmou durante a presentación Anxo Lorenzo, quen tamén puxo en valor a contribución da comarca do Deza ao desenvolvemento da música galega, “con iniciativas pioneiras, con artistas de referencia e con bandas de gran prestixio”.

Concertos e actividades
A rolda de prensa tivo lugar na área recreativa da Carixa, en Merza, Vila de Cruces, que será un dos escenarios do festival. Alí celebraranse os concertos do grupo esloveno Stop, coa colaboración da Banda Artística de Merza, e de Odaiko e amigos, os días 30 de xullo, ás 22 horas, e 13 de agosto, ás 21:30 horas, respectivamente.

No concello de Agolada, o festival arranca o día 31 de xullo, ás 22 horas cunha tamborrada, e, a continuación, actuará o grupo esloveno Stop. O sábado día 1 de agosto terán lugar os concursos de solistas Nick Woud e de grupos Odaiko. Na noite desa xornada tamén se desenvolverá o espectáculo ‘Noite máxica’, con Diego Ventoso e Lucía Carro, seguida da sesión ‘Coplas’.

Ao día seguinte, o 2 de agosto, ademais de realizar o primeiro intercambio de material usado, terán lugar as finais dos dous concursos e a gala do décimo aniversario. A xornada rematará con LAR Legido e Sumra, xunto cunha sesión de música negra. A programación en Agolada rematará o 3 de agosto co X Festival de Alumnos, cunha homenaxe ao grupo galego Garibbean Jazz Project e coa festa de clausura.

Finalmente, o concello de Lalín acollerá o vindeiro 8 de agosto, ás 22:00 horas, un concerto a cargo de Odaiko, que contará con diversas colaboracións.

Comparte