Nova: Vigo acollerá por primeira vez en España un campionato internacional de Street Stunts
29/07/2015
Vigo acollerá por primeira vez en España un campionato internacional de Street Stunts
Trátase dun certame de acrobacias urbanas que contará coa participación dos 16 mellores saltadores do mundo
Vigo, 29 de xullo de 2015.- Vigo acollerá por primeira vez en España un campionato internacional de Street Sunt, un evento de acrobacia urbana onde participan os 16 mellores saltadores do mundo. Serán os días 11 e 12 de setembro na explanada do náutico.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou na presentación do ´Vigo Street Stunts International 2015´, evento no que colabora a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte e a Secretaría Xeral de Cultura.
O Street Stunts é un tipo de actividade que se caracteriza polos seus elegantes e acrobáticos movementos, propia da ximnasia olímpica.