Nova: Atardecer no Gaiás despide xullo co grupo Kolo e a Orquestra de Cámara Galega

30/07/2015

Atardecer no Gaiás despide xullo co grupo Kolo e a Orquestra de Cámara Galega

A banda británica protagoniza o concerto deste xoves, que terá lugar na Sala Eisenman a partir das 21 horas

A Cidade da Cultura acolle un ano máis á Orquestra de Cámara Galega, que protagonizará na Sala Eisenman un atardecer dedicado ao compositor Telemann

Agosto comeza forte coa actuación de Is Tropical, que ofrecerá un potente directo cheo de electro-pop bailable
 
  • Cultura e Educación despide xullo a ritmo do grupo Kolo e da Orquestra de Cámara Galega e recibe agosto con Is Tropical nunha nova semana de ‘Atardecer no Gaiás’ Cultura e Educación despide xullo a ritmo do grupo Kolo e da Orquestra de Cámara Galega e recibe agosto con Is Tropical nunha nova semana de ‘Atardecer no Gaiás’

Santiago, 30 de xullo de 2015.- O ciclo Atardecer no Gaiás despide o mes de xullo con dúas grandes actuacións: a banda británica Kolo e o primeiro dos dous concertos que ofrecerá a Orquestra de Cámara Galega dirixida por Rogelio Groba. E o sábado, 1 de agosto, o ciclo de concertos ao aire libre da Cidade da Cultura chega ao seu ecuador cun dos imprescindibles da escena pop británica: Is Tropical.

Atardecer no Gaiás encara a recta final do seu primeiro mes traendo ata a praza central á banda británica-galega Kolo. Será o xoves, 30 de xullo, cando a Cidade da Cultura reciba a Steve Fuller (batería), Daniel Mourinho (baixo) e Jon Burnell (guitarra e voces), indie-rock británico en estado puro. Tras xirar polos mellores locais londinenses, Kolo chega ao Gaiás co seu terceiro disco baixo o brazo, ‘Do you want to rule the world’, producido en Nashville por Chris Henderson e con claras referencias de grandes bandas británicas como The Smiths ou Stereophonics.

O mes de xullo rematará cun dos clásicos de Atardecer no Gaiás: a primeira das dúas actuacións da Orquestra de Cámara Galega, que volve á Cidade da Cultura para seguir divulgando a música clásica menos habitual. Nesta ocasión, a formación dirixida por Rogelio Groba tráenos o programa ‘Boas tardes Sr. Telemann’, no que nos convidarán a descubrir un dos compositores máis prolíficos e interesantes da historia da música occidental: G.P. Telemann (1681-1767). O concerto terá lugar na Sala Eisenman.

E agosto comezará a ritmo do electro-pop bailable de Is Tropical, un dos imprescindibles da escena pop británica do momento. Cos seus potentes directos e o tirón de internet –grazas en parte polos seus impactantes e imaxinativos videoclips, Is Tropical despregará toda a súa potencia na praza central a partir das 21:00 horas.

Último bus ás 22:45 horas
Todos os concertos de Atardecer no Gaiás son de balde e comezan ás 21:00. No caso de que o tempo non acompañe, as actuacións trasládanse á Sala Eisenman. E para os que non queiran perder nada dos concertos e non depender do coche, Tussa pon en marcha un servizo especial de bus urbano, cunha última baixada do Gaiás ás 22:45 horas.
 
Comparte