Nova: A Real Academia de Belas Artes e Cultura colaboran na investigación e divulgación do patrimonio cultural galego

03/08/2015

A Real Academia de Belas Artes e Cultura colaboran na investigación e divulgación do patrimonio cultural galego

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e mais presidente da entidade, Manuel Quintana Martelo, asinaron un convenio para levar a cabo traballos de catalogación, conservación, estudo e divulgación, entre outros

A Academia posúe un importante fondo documental, bibliográfico e artístico en constante crecemento, polo que obriga a realizar un proceso de catalogación permanente
 

  • A Real Academia de Belas Artes A Real Academia de Belas Artes
  • O conselleiro Román Rodríguez e mailo presidente desta entidade, Manuel Quintana Martelo O conselleiro Román Rodríguez e mailo presidente desta entidade, Manuel Quintana Martelo
  • O conselleiro Román Rodríguez e mailo presidente desta entidade, Manuel Quintana Martelo O conselleiro Román Rodríguez e mailo presidente desta entidade, Manuel Quintana Martelo
  • O conselleiro Román Rodríguez e mailo presidente desta entidade, Manuel Quintana Martelo O conselleiro Román Rodríguez e mailo presidente desta entidade, Manuel Quintana Martelo

Santiago, 3 de agosto de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario van iniciar unha colaboración mutua en diversas actividades de investigación así como de carácter divulgativo sobre o patrimonio cultural.

O conselleiro Román Rodríguez e mailo presidente desta entidade, Manuel Quintana Martelo, asinaron hoxe un convenio de colaboración que ten como principal finalidade a realización de actividades de catalogación, conservación, estudo e divulgación do noso patrimonio cultural, así como a dotación dos medios necesarios para levalas a cabo.

Deste xeito a Consellería aporta para tal fin unha axuda de 40.000 euros, mentres que a Academia comprométese á contratación dos medios técnicos e humanos para desenvolver os traballos. Ao abeiro do dito convenio a Academia levará a cabo a catalogación de fondos académicos e inventario, dotarse do equipamento informático necesario para catalogación, arquivo e administración, a conservación do patrimonio artístico académico, a adquisición de fondos históricos e a realización de comisións, sesións, informes e peritaxes. Tamén se inclúen actividades culturais, conferencias, cursos, exposicións, edición de material divulgativo e páxina web e acondicionamento de espazos.

A Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, asociada ao Instituto España, posúe un importante fondo documental, bibliográfico e artístico en constante crecemento, polo que obriga a realizar un proceso de catalogación permanente. Ademais, a crecente demanda de consultas para a realización de estudos e investigacións sobre o patrimonio que está a rexistrar tanto por parte de institucións públicas como privadas, esixe de dotación de medios necesarios.

O apoio da Consellería de Cultura enmárcase precisamente no compromiso deste departamento da Xunta con aquelas iniciativas que teñan por obxecto a protección e conservación do noso patrimonio cultural.
 

Comparte