Nova: Folla de ruta común para Womex 2016 e a Feira do Libro de Bos Aires

17/09/2015

Folla de ruta común para Womex 2016 e a Feira do Libro de Bos Aires

Cultura e Concello de Santiago avanzan na colaboración institucional para a organización de ambos os dous eventos, que se celebrarán o ano próximo

Son dúas feiras  imporatantes para a capital e para o conxunto de Galicia e o seu sector cultural

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega mantiveron esta mañá unha reunión O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega mantiveron esta mañá unha reunión

Santiago, 17 de setembro de 2015.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega mantiveronunha reunión para fixar unha folla de ruta común a través da que desenvolver a colaboración institucional na organización do WOMEX 2016 e da presenza da capital na Feira do Libro de Bos Aires (abril-maio de 2016) como cidade convidada.

No marco deste encontro decidiuse que o traballo se coordinará a través de dúas comisións bilaterais - a do WOMEX xa constituída-, nas que se perfilarán ao longo dos vindeiros meses os aspectos máis concretos de cada un destes eventos. En calquera caso, o conselleiro xa lle adiantou ao alcalde que se lle cederá ao Concello un espazo propio dentro do stand de Galicia na Feira do Libro da capital arxentina. No referido a este evento, o conselleiro lembrou que o seu departamento xa asinou un convenio coa Fundación El Libro para a participación galega, aínda que salientou a idoneidade de estruturar un programa conxunto co Concello para esta feira.

Ambos os mandatarios sinalaron, ao remate da reunión, a importancia da feira porteña e do WOMEX tanto para Santiago de Compostela como para o conxunto de Galicia; tanto no referido ao impacto económico como no de impulsar a maior visibilidade para o sector cultural galego participante en ambas as dúas citas.

Comparte