Nova: Convenio para continuar as reformas na catedral de Santiago

23/09/2015

Convenio para continuar as reformas na catedral de Santiago

Sinatura dun convenio entre o Goberno galego, o Cabido e a Fundación Catedral para desenvolver as obras co obxecto de finalizalas antes de que o 31 de decembro de 2020 abra a Porta Santa

O Consello da Xunta aprobará o Plan Director do Camiño de Santiago que contará cunha achega de 17 millones de euros do Goberno central

  • Vídeo do presidente da Xunta na sinatura do convenio de colaboración
  • Catedral de Santiago de Compostela
  • O presidente do Goberno galego presidiu esta mañá a sinatura do acordo de colaboración entre a Xunta, o Cabido e a Fundación Catedral para continuar coa rehabilitación da sé compostelá O presidente do Goberno galego presidiu esta mañá a sinatura do acordo de colaboración entre a Xunta, o Cabido e a Fundación Catedral para continuar coa rehabilitación da sé compostelá

Santiago, 23 de setembro de 2015.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Consello da Xunta aprobará mañá o Plan Director do Camiño de Santiago 2015-2021, un documento estratéxico que ten como obxectivo “poñer a punto este patrimonio inmaterial” para que siga a ser “un vehículo que dea a coñecer Galicia no mundo”, coa vista posta no Ano Santo Xacobeo 2021.

Feijóo fixo este anuncio durante o acto de sinatura dun convenio entre o Goberno galego, o Cabido e a Fundación Catedral para continuar as reformas na sé compostelá, un convenio que –asegurou– “non é só a fin, senón o principio do Camiño”. O mandatario autonómico quixo subliñar, así, o carácter central do templo no desenvolvemento da peregrinación a Santiago, posto que “do mesmo xeito que a Catedral non se pode entender hoxe en día sen o fenómeno do Camiño, o certo é que non existiría Camiño se non fose pola catedral”.

Nese sentido, destacou a importancia de coidar o patrimonio material para poder preservar o patrimonio inmaterial, “unha convicción que vén de lonxe e é compartida por todos os galegos”. Entre eles destacou a figura do presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, a quen lle agradeceu a achega de 17 millóns de euros para financiar as actuacións contempladas no Plan Director e que serán executadas no marco do convenio asinado hoxe, que cualificou de “histórico”.

Durante a súa intervención, Alberto Núñez Feijóo tamén quixo poñer en valor a relevancia da colaboración institucional e do papel que a Consellería de Cultura, o Cabido Catedralicio e mais a Fundación Catedral de Santiago xogaron na consecución do acordo. “Para xestionar ben non abonda con dispoñer dos cartos, hai que ter vontade de cooperación”, afirmou, despois de lembrar que as melloras na Catedral non terían sido posibles sen o concurso de todos os actores implicados.

Un amplo abano de actuacións
O convenio asinado hoxe busca preservar a actividade relixiosa e cultural do templo, así como poñelo en valor de cara ao Xacobeo 2021. Para iso, as obras desenvolveranse en catro fases, que “nos permitirán garantir a finalización dos traballos antes de que o 31 de decembro do ano 2020 abra a Porta Santa”, asegurou o presidente.

Entre as actuacións previstas destacan a finalización das obras na fachada do Obradoiro e na Torre das Campás, así como a restauración da fachada da Quintana, nunha primeira fase; a restauración das cubertas e as fachadas de Xelmírez e Abades, a limpeza da Torre do Tesouro e melloras na acometida da cuberta, das escaleiras e da comunicación do claustro, nunha segunda fase; a restauración da Torre do Reloxo e da tribuna e a fachada sur do claustro, así como a limpeza da Torre da Vela, nunha terceira fase; e o acondicionamento do baixo cuberta da zona claustral e obras nas bóvedas do interior do templo e nos paramentos verticais, nunha última fase.

Porén, o presidente da Xunta quixo destacar que a importancia do convenio non só radica en desbloquear obras concretas, senón tamén no marco de colaboración institucional que consolida; “un marco que, se somos quen de mantelo, pode ser o berce de grandes noticias para esta catedral e para esta cidade”, subliñou.

Entre esas boas novas, Alberto Núñez Feijóo destacou o aumento no número de peregrinos, que, con máis de 216.000, se incrementou nun 10% no que levamos de 2015, en comparación co mesmo período do ano anterior. Este crecemento demostra que actuacións como as que contempla o acordo asinado hoxe “non son un gasto”, pois axudan a crear riqueza e emprego, concluíu.

Comparte