Nova: Raquel Arias incide no labor “de promoción comercial e de apoio ao talento” que significa o Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, no que participan 21 expositores de Lugo

04/07/2014

Raquel Arias incide no labor “de promoción comercial e de apoio ao talento” que significa o Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, no que participan 21 expositores de Lugo

A delegada territorial acompañou á ampla representación de artesáns e empresas da provincia que participan no evento que se desenvolve durante toda a fin de semana no concello de Agolada

  • A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou hoxe os artesáns e empresas da provincia de Lugo que participan no III Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou hoxe os artesáns e empresas da provincia de Lugo que participan no III Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia

Agolada (Pontevedra), 4 de xullo de 2014.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou hoxe os artesáns e empresas da provincia de Lugo que participan no III Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, inaugurado hoxe na localidade pontevedresa de Agolada polo conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, cuxo departamento organiza esta cita a través da Dirección Xeral de Comercio.

Arias subliñou a elevada participación de expositores da provincia, principalmente da zona sur, e sinalou que esta iniciativa é un escaparate “de promoción comercial e de apoio á creación”.

Neste sentido, incidiu en que “na provincia de Lugo, como no conxunto de Galicia, sempre tivemos artesáns de moito talento. O papel da Xunta consiste en apoiar ese talento, e así o está a facer a través Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, que impulsa diferentes liñas de actuación para o desenvolvemento e a promoción do sector artesán galego”.

Nun mercado con máis dunha vintena de oficios diferentes, a provincia de Lugo estará representada por sete artesáns, entre os que figuran os oleiros Elías González Prieto, á fronte da olería de Gundivós, e Josega Lombao, de Bonxe, en Outeiro de Rei; os talleres de cantería e talla Murua, de Antas, e Arte-San, de Sarria; os especialistas en montaxe de moscas Juan Gayoso, de Lugo, e Óscar Gayoso, de Portomarín; e o colectivo de forxa e tellería da Asocación de Ferreiros da Fonsagrada, do devandito concello da zona da Montaña luguesa.

En total, 21 expositores da provincia de Lugo conforman a representación luguesa, posto que outras 14 firmas da provincia do sector alimentario exhibirán os seus produtos no encontro: Cervexa Artesá Aloumiña, Pazo de Vilane, Granxa Maruxa, Centro del Vino de Ribeira Sacra, Artesás de Noces, Gourmet Regal, Secretos de Galicia, Milhulloa, Queixería Prestes, Confetti, Castelo, setas silvestres e grelos, Conservas Curricán, O Sequeiro da Portela e Bubela Artesá.

Tras da visita, Arias gabou “o altísimo nivel do traballo dos nosos artesáns, que serven de espello para moitos outros deseñadores e produtores. Co que aquí expoñen e coa súa traxectoria amosan que a artesanía e o deseño poden ter un frutífero recorrido empresarial”. A delegada agregou que “este encontro serve tamén para prestixiar a creatividade que encerra en xeral este sector da artesanía en Galicia”. O evento, organizado á maneira dun mercado tradicional, estará aberto ao público durante toda a fin de semana.

Comparte