Nova: Unha escultura de Ramón Conde agasallará os galardoados cos Premios da Cultura Galega 2015

03/11/2015

Unha escultura de Ramón Conde agasallará os galardoados cos Premios da Cultura Galega 2015

A obra 'As artes', que representan as diferentes formas de expresión artística, foille encargada ao autor pola Consellería de Cultura e Educación como recoñecemento ao labor das persoas e das entidades galardoadas

  • As esculturas As Artes agasallarán aos galardoados este ano cos Premios da Cultura Galega As esculturas As Artes agasallarán aos galardoados este ano cos Premios da Cultura Galega
  • O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez; e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, recibiron hoxe as esculturas coas que se agasallará aos galardoados este ano cos Premios da Cultura Galega O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez; e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, recibiron hoxe as esculturas coas que se agasallará aos galardoados este ano cos Premios da Cultura Galega

Santiago, 3 de novembro de 2015.- O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez; e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, recibironas esculturas coas que se agasallará aos galardoados este ano cos Premios da Cultura Galega.

A obra, que leva por título “As artes” e está realizada en bronce, foi creada polo artista Ramón Conde e representa unha espiral ascendente onde se mesturan as letras que conforman o nome do propio premio.

A escritora Fina Casalderrey, o debuxante Miguelanxo Prado, a actriz María Bouzas, o cineasta Ignacio Vilar, o Real Coro Toxos e Froles, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e a investigadora Kathleen Nora March son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2015.

Comparte