Nova: Clausura da vixésima edición do Festival Internacional de Cine de Ourense

22/11/2015

Clausura da vixésima edición do Festival Internacional de Cine de Ourense

Remataron así nove intensos días de programación cinematográfica e actividades paralelas vinculadas ao audiovisual

Ourense, 22 de novembro de 2015.- A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu no Auditorio Municipal á gala de clausura da vixésima edición do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), na que se proxectou a curtametraxe “Consumo Responsable (nivel 7)” de Santiago Segura e o filme “Tercer grado” de Geoffrey Cowper.

Remataron así nove intensos días de programación cinematográfica e actividades paralelas vinculadas ao audiovisual. O OUFF, promovido polo Concello de Ourense, contou coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), entre outras entidades.

Comparte