Nova: Galicia lembra a Eduardo Blanco Amor no 36º aniversario do seu pasamento

01/12/2015

Galicia lembra a Eduardo Blanco Amor no 36º aniversario do seu pasamento

A homenaxe, promovida polo Centro PEN Galicia, celebrouse ao pé da campá onde está soterrado o autor d'A Esmorga, no cemiterio ourensán de San Francisco

  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu esta mañá no acto de lembranza a Eduardo Blanco Amor, no día en que se cumpren 36 anos do pasamento do escritor O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu esta mañá no acto de lembranza a Eduardo Blanco Amor, no día en que se cumpren 36 anos do pasamento do escritor

Ourense, 1 de decembro de 2015.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu al acto de lembranza a Eduardo Blanco Amor, no día en que se cumpren 36 anos do pasamento do escritor. Promovida polo Centro PEN Galicia, a homenaxe celebrouse ao pé da campa onde está soterrado o autor d'A esmorga no cemiterio ourensán de San Francisco, e rematou cunha ofrenda floral.

O Concello de Ourense, a Deputación de Ourense, veciñas e veciños da cidade, e alumnado do IES Blanco Amor, entre outros, participaron no acto conmemorativo.

A xornada de homenaxe completarase esta tarde coa entrega do XXXIV Premio de Novela Blanco Amor ao escritor Xavier Queipo, ás 20:30 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
 

Comparte