Nova: Xesús Vázquez Abad participou no acto de entrega dos premios da cata oficial da D.O. Ribeiro

25/06/2014

Xesús Vázquez Abad participou no acto de entrega dos premios da cata oficial da D.O. Ribeiro

O acto, no Mosteiro de San Clodio, acudiu unha ampla representación do sector do viño e a gastronomía española

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe no acto de entrega dos galardóns da cata oficial da D.O Ribeiro O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe no acto de entrega dos galardóns da cata oficial da D.O Ribeiro

Leiro (Ourense), 25 de xuño de 2014.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe no acto de entrega dos galardóns da cata oficial da D.O Ribeiro, celebrado no Mosteiro de San Clodio. Estes premios recoñecen, ademais dos viños ganadores da Cata Oficial, aos profesionais que as bodegas do Ribeiro consideran destacados no sector.

Ao acto asistiron, ademais de Xesús Vázquez Abad, o Secretario Xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez; ademais do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.

O Conselleiro de Cultura e Educación gabou na súa intervención as excelencias do viño do Ribeiro e a comarca onde, dixo, “ se expresa a gran beleza de Galicia, o sol e a auga, que lle dan á uva unha personalidade propia, cuns matices afinados pola sabedoría dos viticultores”. Vázquez Abad, rematou a súa intervención trasladando os seus parabéns para os que dirixen a Denominación de Orixe Ribeiro, así como aos gañadores da cata e aos profesionais galardoados.

Neste evento, no que se deron cita unha ampla representación do sector do viño e gastronomía en España, a Denominación de Orixe Ribeiro premiou o traballo de sumiller e copropietario do restaurante ‘El Celler de Can Roca’ Josep Roca, como persoeiro de honra recoñecendo así a súa traxectoria.

Durante a gala, conducida polo periodista José Ribagorda, coñecéronse os premios da Cata Oficial da D.O. Ribeiro nas súas diferentes categorías: mellor viño branco colleiteiro para Manuel Rojo 2013 da Adega Manuel Rojo, mellor viño tinto da que resultou vencedor Pazos de Albor 2013 de Alfonso Albor e mellor viño branco adega co que se premiou a Viña Farnadas 2013 de bodegas Pazo de Vieite. Este último foi entregado polo titular do departamento de Cultura e Educación da Xunta, Xesús Vázquez Abad.

Ademais, as bodegas da Denominación de Orixe brindaron o súa particular homenaxe a aqueles que están contribuíndo a profesionalización e difusión do mundo do viño e fixeron entrega dos premios nas seguintes modalidades: mellor tarefa de comunicación co que se premiou ao xornalista Jose Manuel Orriols; mellor comercio especializado para a Tenda Gourmet El Corte Inglés; mellor servizo de viño no restaurante para o Abastos 2.0 de Santiago; e mellor taberna-bar de viños para A Lacena do David en Ourense, así como a de Persoeiro de Honra a Josep Roca, co que se recoñece a súa traxectoria a favor da Denominación de Orixe de Ribeiro.

Tamén se entregou o premio á gañadora do concurso promovido entre os IES de Hostalería ‘Cociñar con Ribeiro’ celebrado no contexto da Feira do Viño e no que se impuxo o CIFP Paseo das Pontes.
 
Comparte