Nova: O XVIII Premio Grupo Compostela-Xunta de Galicia recoñece o labor académico e o compromiso social de Lennart Levi

23/06/2014

O XVIII Premio Grupo Compostela-Xunta de Galicia recoñece o labor académico e o compromiso social de Lennart Levi

O xurado, que contou coa participación da Consellería de Cultura e Educación, valorou o traballo interdisciplinar do profesor emérito de Medicina Psicosocial nos ámbitos académico e investigador, así como o seu compromiso político e social

O galardón recoñece persoas ou institucións cun traballo destacado na promoción do ideal común europeo e da preservación do patrimonio cultural
 
  • A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación do gañador do XVIII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación do gañador do XVIII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia

Santiago, 23 de xuño de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación do gañador do XVIII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, que recoñece persoas ou institucións destacadas polo seu traballo na promoción do ideal común europeo, da educación internacional e/ou da preservación do patrimonio cultural.

O galardoado na edición de 2014 foi o profesor emérito de Medicina Psicosocial Lennart Levi, como recoñecemento ao seu traballo interdisciplinar nos ámbitos académico e investigador, integrando perspectivas desde a Medicina, a Economía, a Psicoloxía e outros campos do saber, así como polo seu compromiso político e social.

Na rolda de prensa, que tivo lugar no Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela, o secretario xeral de Cultura explicou os obxectivos do premio, ao tempo que fixo un breve repaso histórico pola traxectoria do galardón, “que naceu co obxectivo de distinguir o labor realizado por persoas e institucións a prol do desenvolvemento dos valores vinculados ao patrimonio cultural do Camiño de Santiago e, nun marco máis amplo, a prol do desenvolvemento dos valores europeos e da educación internacional”. “Ese obxectivo –engadiu– foise convertendo ao longo destes anos no sólido piar no que hoxe se sustenta este galardón, que aspira a conseguir que a cidade que lle dá nome e o seu patrimonio cultural sexan recoñecidos fóra das nosas fronteiras”.

Xunto co secretario xeral, tamén participaron na rolda de prensa o presidente do Grupo Compostela de Universidades, Maurits van Rooijen; o reitor da USC, Juan Viaño; e o premiado, Lennart Levi.

Perfil do premiado
Lennart Levi é profesor emérito de Medicina Psicosocial. Foi o primeiro profesor da disciplina no Instituto Karolinska en Estocolmo, Suecia, en 1978. Nesta institución, fundou en 1959 e liderou o departamento de Investigación sobre o Estrés, que no 1973 sería designado o primeiro centro dedicado á disciplina pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

En 1980, tamén fundou e dirixiu o Instituto Nacional Sueco para Factores Psicosociais e Saúde (IPM). Entre 1982 e 2005, presidiu a sección de Psiquiatría Ocupacional da Asociación Mundial de Psiquiatría e, desde 2001, a Asociación Internacional para o Tratamento do Estrés. Antes do seu retiro, en 1995, foi asesor da OMS, da Organización Internacional do Traballo e da Comisión Europea neste campo. Durante o período 2006-2010, Levi foi membro do Parlamento sueco e voceiro para asuntos de saúde pública e ocupacional do Partido do Centro.

Na actualidade, a USC conta co grupo de investigación Laboratorio de Estrés e Inmunoloxía Lennart Levi, co que colabora o científico. Tamén destaca o seu apoio ao Grupo Compostela a través da organización da Conferencia sobre Estrés, Saúde e Economía, celebrada na USC no mes de xullo do ano pasado.

Comparte