Nova: Rogelio Martínez súmase á tradicional Romaría dos amigos da Coral de Ruada en Oseira

22/06/2014

Rogelio Martínez súmase á tradicional Romaría dos amigos da Coral de Ruada en Oseira

San Cristovo de Cea (Ourense), 22 de xuño de 2014.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou este mediodía nos actos programados con motivo da celebración da tradicional Romaría dos amigos da Coral de Ruada, que se celebrou no mosteiro de Oseira. Os actos comezaron coa celebración dunha misa cantada polos membros da coral na igrexa do mosteiro. A continuación, tivo lugar un xantar popular entre os amigos e achegados da agrupación musical na carballeira do Campo do Casledo.

Comparte