Nova: Actuacións para o mantemento do cuartel de San Fernando, en Lugo

19/01/2016

Actuacións para o mantemento do cuartel de San Fernando, en Lugo

Cultura destinará 90.000 para levar a cabo obras neste inmoble sobranceiro de arquitectura neoclásica

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinou esta tarde coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, un convenio para a realización das obras de mantemento do Cuartel de San Fernando O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinou esta tarde coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, un convenio para a realización das obras de mantemento do Cuartel de San Fernando

Santiago, 19 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinou coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, un convenio para a realización das obras de mantemento do Cuartel de San Fernando, coas que, en palabras do titular de Cultura, “se pretende afianzar a seguridade do edificio e garantir a súa conservación inmediata.” As actuacións, que acometerán conxuntamente a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo, propietaria do ben, suporá un investimento total de 180.000 euros, o que supón unha achega alícuota de 90.000 euros. As obras realizaranse durante o presente ano e concluirán antes do vindeiro 15 de decembro.

Actualmente, o inmoble atópase nun avanzado estado de deterioro polo que as actuacións deseñadas son necesarias e urxentes para impedir que se produza un dano irreversible e para tratar de evitar o colapso ou a ruína dun ben sobranceiro do patrimonio cultural de Galicia. “Trátase -explicou Rodríguez-, tanto polo seu valor intrínseco, como polo contexto urbano e patrimonial no que está enclavado, dun elemento arquitectónico de excepcional valor que cómpre salvagardar”, subliñando que a actuación “resulta necesaria, proveitosa e de interese xeral para a cidadanía, tanto para os lucenses como para o conxunto de galegas e galegos.”

Cómpre lembrar que a Consellería de Cultura e Educación ten comprometidas para a cidade de Lugo durante 2016 diversas actuacións na Muralla e no propio cuartel por 500.000 euros. Ademais, desde a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural investiuse desde 2009 até a actualidade máis de 230.000 euros en reparacións, documentación e estudo desta significativa edificación, representativa da arquitectura sanitaria e asistencial.

Exemplo sobranceiro da arquitectura neoclásica
O Cuartel dos Inválidos de San Fernando comezou a construírse en 1779, cando o rei Carlos III decidiu erixir en Lugo un inmoble destinado á atención dos inválidos do exército. Trátase do único acuartelamento edificado na cidade na época ilustrada e dun exemplo de extraordinaria importancia da arquitectura neoclásica civil en Galicia. San Fernando goza da consideración un Ben de interese Cultural (BIC), coa categoría de Monumento, que conserva as súas estruturas e organización espacial orixinais. A maiores, o inmoble está situado ao carón da Muralla de Lugo, patrimonio da Humanidade.

Infraestruturas educativas en Lugo
Román Rodríguez subliñou que este acordo é un exemplo de colaboración institucional cunha cidade á que a Consellería lle está prestando especial atención tanto en materia cultural (como é tamén o caso da Muralla e o Camiño Primitivo) coma educativa. Como exemplo disto último lembrou que o seu departamento ten en marcha a ampliación do CEIP As Mercedes por un importe de máis de 462.501 euros e que nos orzamentos deste ano quedan fixados 1,7 millóns de euros para a última fase do CIFP As Mercedes (unha infraestrutura que acada en torno aos 6 millóns de euros de investimento), e algo máis de medio millón de euros para a construción do novo colexio Sagrado Corazón.

A isto súmase no ámbito universitario a posta en marcha do Cebiovet que, segundo explicou Román Rodríguez, xa en breve estará a disposición do Hospital Rof Codina e que, xunto co Proxecto Terra, farán do Campus de Lugo un campus especializado con alcance xeral para a provincia e para o conxunto de Galicia. 

Comparte