Nova: EmporcARTE fusiona o cocido e a arte, dous elementos identitarios de Lalín
06/02/2016
EmporcARTE fusiona o cocido e a arte, dous elementos identitarios de Lalín
Lalín (Pontevedra), 6 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe na presentación da sexta edición de ‘EmporcARTE’, unha exposición multidisciplinar de obras de arredor de medio centenar de autores de toda Galicia que xiran arredor do cocido de Lalín.
O titular do departamento de Cultura do Goberno galego afirmou que, con esta iniciativa, nada en 2011, fusiónanse “dous dos elementos identitarios de Lalín: o cocido e a arte”.