Nova: A Academia Galega do Audiovisual dá a coñecer os finalistas dos XIV Premios Mestre Mateo

14/03/2016

A Academia Galega do Audiovisual dá a coñecer os finalistas dos XIV Premios Mestre Mateo

Os filmes ‘O descoñecido’ e ‘Lobos sucios’ lideran as candidaturas

Os galardóns, que contan co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais, recoñecen anualmente o labor desenvolvido pola profesión audiovisual en Galicia

  • O Descoñecido e Lobos sucios lideran as candidaturas dos traballos finalistas
  • Lobos sucios e O Descoñecido lideran as candidaturas dos traballos finalistas
  • O secretario xeral de Cultura asistiu hoxe ao acto no que se deron a coñecer as candidaturas, lideradas por ‘O descoñecido’ e ‘Lobos sucios’ O secretario xeral de Cultura asistiu hoxe ao acto no que se deron a coñecer as candidaturas, lideradas por ‘O descoñecido’ e ‘Lobos sucios’
  • O secretario xeral de Cultura asistiu hoxe ao acto no que se deron a coñecer as candidaturas, lideradas por ‘O descoñecido’ e ‘Lobos sucios’ O secretario xeral de Cultura asistiu hoxe ao acto no que se deron a coñecer as candidaturas, lideradas por ‘O descoñecido’ e ‘Lobos sucios’

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016.- A Academia Galega do Audiovisual anunciou hoxe os finalistas dos XIV Premios Mestre Mateo, entre os que destacan os filmes ‘O descoñecido’ e ‘Lobos sucios’ por optaren aos galardóns en 15 e 14 categorías, respectivamente.

Nun acto e que contou coa participación do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, en representación da Consellería de Cultura e Educación, Mabel Rivera e Antonio Durán ‘Morris’, xunto co presidente da academia, Carlos Ares, deron a coñecer as candidaturas da décimo cuarta edición duns premios que recoñecen anualmente o labor desenvolvido pola profesión audiovisual en Galicia en diferentes categorías e que constitúen unha homenaxe ao sector audiovisual galego.

Os Premios do Audiovisual Galego Mestre Mateo, que contan coa colaboración da Axencia Galega de Industrias Culturais, recoñecen este ano as obras galegas estreadas en 2015 e os profesionais que traballaron nelas nos seus distintos aspectos técnicos e creativos. Os gañadores daranse a coñecer nun acto que terá lugar o vindeiro 23 de abril no Palacio da Ópera da Coruña.

Comparte