Nova: Unha mostra repasa a traxectoria creativa do escultor Francisco Leiro

22/03/2016

Unha mostra repasa a traxectoria creativa do escultor Francisco Leiro

  • O secretario xeral de Cultura participou na presentación da exposición 'Os traballos e os días de Francisco Leiro' O secretario xeral de Cultura participou na presentación da exposición 'Os traballos e os días de Francisco Leiro'

Santiago, 22 de marzo de 2016.- A mostra 'Os traballos e os días' de Francisco Leiro reúne 12 pezas escultóricas de gran formato e varios traballos en papel do artista cambadés, procedentes das coleccións de arte de ABANCA e Afundación. Ambas as entidades deron a coñecer hoxe a exposición nun acto no que participou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

O Centro ABANCA Obra Social de Santiago de Compostela acolle ata o vindeiro 4 de xuño a mostra, que tamén inclúe material audiovisual procedente das gravacións realizadas para o documental ‘Sísifo confuso. Traballos e días de Francisco Leiro’, realizado por Aser Álvarez para Arraianos Producións.
 

Comparte