Nova: O Teatro Rosalía Castro acolle o 30 de marzo a gala de entrega dos XX Premios de Teatro María Casares,

23/03/2016

O Teatro Rosalía Castro acolle o 30 de marzo a gala de entrega dos XX Premios de Teatro María Casares,

A cerimonia de entrega será conducida polo grupo Chévere e nela daranse a coñecer os gañadores nas 14 categorías convocadas, ás que se presentaron 38 espectáculos e máis de 300 profesionais

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais e o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia asinaron un convenio para a realización do programa de actividades vinculadas a esta vixésima edición dos galardón

  • O director da Axencia Galega das Industrias Culturais e o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia asinaron un convenio para a realización do programa de actividades vinculadas a esta vixésima edición dos galardóns O director da Axencia Galega das Industrias Culturais e o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia asinaron un convenio para a realización do programa de actividades vinculadas a esta vixésima edición dos galardóns

Santiago, 23 de marzo de 2015.- A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria volve colaborar coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) na organización dos Premios de Teatro María Casares, que este ano celebran a súa vixésima edición. Os galardóns, que recoñecen o labor desenvolvido pola profesión teatral galega durante 2015, entregaranse no Teatro Rosalía Castro da Coruña o vindeiro 30 de marzo nunha gala que conducirá o Grupo Chévere.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, e o presidente da AAAG, Vicente Mohedano, asinaron hoxe o convenio de colaboración polo que a Xunta de Galicia contribúe á realización de diferentes actividades relacionadas coa convocatoria destes galardón e que terán o seu punto culminante na cerimonia durante o que se coñecerán os gañadores e gañadoras nas catorce categorías ás que optan outros tantos espectáculos, ademais de facerse entrega do Premio de Honra Marisa Soto á Revista Galega de Teatro. Os finalistas deste ano foron seleccionados entre un total de 38 espectáculos e máis de 300 profesionais que presentaron as súas candidaturas.

Dobre celebración
A celebración dos vinte anos de vida destes premios coincide, ademais, coa conmemoración do vixésimo aniversario do pasamento da actriz María Casares, que lle dá nome aos galardóns. Con tal motivo, a meirande parte das actividades paralelas vinculadas a esta convocatoria dedícanse a afondar na figura da que está considerada como a intérprete galega con maior proxección internacional.

No marco do mesmo programa de actividades, a Consellería de Cultura e Educación tamén apoia esta celebración a través do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia), que o martes 29 de marzo acollerá unha sesión especial en homenaxe á intérprete coruñesa. José Luis Castro de Paz, historiador do cine; Sabela Hermida, actriz e autora dunha tese sobre María Casares; e Mabel Rivera, actriz e vicepresidenta da AAAG, participarán nun coloquio co público que moderará o xornalista Alberto Ramos e tras o que se proxectará o filme ‘Los niños del paraíso’, de Marcel Carné.

Desde a súa primeira convocatoria hai 20 anos, os Premios María Casares téñense convertido nunha das citas anuais de referencia para a escena galega, funcionando como espazo de encontro para os profesionais do sector, foro social para o recoñecemento do seu labor e plataforma de proxección pública do seu traballo tanto dentro como fóra de Galicia.
 
Comparte