Nova: A Fundación Camilo José Cela achégase á figura e á obra de Miguel de Cervantes
23/03/2016
A Fundación Camilo José Cela achégase á figura e á obra de Miguel de Cervantes
No marco do 400 aniversario do pasamento do autor d’O Quixote, a entidade pública exhibe nunha exposición varias edicións desta obra publicadas no século XVIII, edicións facsimilares e manuscritos de Cela sobre o escritor
Padrón (A Coruña), 23 de marzo de 2016.- A Fundación Pública Camilo José Cela súmase á homenaxe a Miguel de Cervantes no cuarto centenario do seu pasamento cunha exposición na que se poden contemplar varias edicións d’O Quixote pertencentes á colección do Premio Nobel galego, varias delas editadas no século XVIII, xunto con diversas edicións facsimilares, entre as que destacan as realizadas pola Real Academia Española en distintas épocas.
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou hoxe a exposición, que tamén inclúe edicións da novela en diferentes linguas, como o galego, o grego e o itilaniano, esta última ilustrada por Salvador Dalí. Manuscritos dos artigos escritos por Camilo José Cela sobre Cervantes e a súa obra expóñense tamén nesta mostra xunto a discursos de ingreso na RAE sobre as obras do escritor ou á revista ‘Papeles de Son Armadans’, con contidos sobre el autor de Alcalá de Henares.
A mostra tamén abrangue outras obras de Cervantes pertencentes á biblioteca da Fundación Cela, como ‘Entremeses’, ‘El celoso extremeño’ e ‘Novelas ejemplares’, así como estudos que sobre Cervantes e ‘O Quixote’ se conservan nela da autoría, entre outros, de José Ortega y Gasset, Julián Marías, Carlos Fuentes, Américo Castro e Martín de Riquer.
Caricaturas de Camilo José Cela caracterizado como Cervantes, e mesmo como don Quixote, completan la exposición, mostra inequívoca da grande admiración que el escritor padronés lle profesaba a Miguel de Cervantes.
A mostra permanecerá aberta ata o mes de abril, en horario de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.