Nova: Actos de homenaxe polo centenario do nacemento do humanista e galeguista Manuel Reimóndez Portela
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_763.png)
26/03/2016
Actos de homenaxe polo centenario do nacemento do humanista e galeguista Manuel Reimóndez Portela
A Estrada (Pontevedra), 26 de marzo de 2016.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou enos actos de homenaxe polo centenario do nacemento do médico, escritor, galeguista e humanista Manuel Reimóndez Portela no cemiterio parroquial de San Miguel do Castro.
A celebración incluíu unha ofrenda floral a cargo de representantes de varias asociacións e organismos dos que Reimóndez formou parte e a lectura dunha declaración a cargo do secretario xeral de Política Lingüística.