Nova: O deseñador galego Jorge Vázquez visita a exposición Con-fío en Galicia

26/03/2016
O deseñador galego Jorge Vázquez visita a exposición Con-fío en Galicia
Santiago, 25 de marzo de 2016.- O deseñador galego Jorge Vázquez visitou esta tarde a exposición 'Con-fío en Galicia', unha retrospectiva da historia da moda e do textil galego na que o propio Jorge Vázquez, que vén de ser distinguido coa Mellor Colección na Madrid Fashion Week, se erixe como peza clave dentro das novas xeracións.
A mostra, que se pode visitar na Cidade da Cultura ata o vindeiro 11 de setembro, pon o foco sobre os grandes deseñadores da moda galega e sobre os novos nomes como o do propio Jorge Vázquez, Amai Rodríguez Coladas ou Elena Rial.