Nova: Preestrea de Lobos sucios, o filme do director galego Simón Casal

08/04/2016

Preestrea de Lobos sucios, o filme do director galego Simón Casal

Santiago, 7 de abril de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu ao pase do filme “Lobos Sucios”, do director galego Simón Casal.

Baseada en feitos reais, a película achéganos á realidade da II Guerra Mundial vista desde os ollos dos mineiros de Casaio, en Carballeda de Valdeorras, onde o exército nazi explotaba unha mina de volframio, un mineral imprescindible para as súas fábricas de armamento en Alemaña.

A fita, que chega o venres, 8 de abril, aos circuítos comerciais, foi coproducida pola CRTVG e conta co apoio da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic).

Comparte