Nova: Santiago recibe as Feiras do Libro de Galicia

29/04/2016

Santiago recibe as Feiras do Libro de Galicia

A alameda compostelá acolle ata o 8 de maio a terceira das 14 feiras previstas para este ano noutras tantas localidades galegas, no marco do programa máis ambicioso das últimas edicións

As feiras continúan, ata finais de agosto, no Porriño, Lugo, Ourense, Ribeira, Vigo, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos
 

  • O secretario xeral de Política Lingüística salientou na rolda de prensa a importancia do libro galego na difusión e na visibilidade da lingua propia de Galicia O secretario xeral de Política Lingüística salientou na rolda de prensa a importancia do libro galego na difusión e na visibilidade da lingua propia de Galicia
  • O secretario xeral de Política Lingüística salientou na rolda de prensa a importancia do libro galego na difusión e na visibilidade da lingua propia de Galicia O secretario xeral de Política Lingüística salientou na rolda de prensa a importancia do libro galego na difusión e na visibilidade da lingua propia de Galicia
  • O secretario xeral de Política Lingüística salientou na rolda de prensa a importancia do libro galego na difusión e na visibilidade da lingua propia de Galicia O secretario xeral de Política Lingüística salientou na rolda de prensa a importancia do libro galego na difusión e na visibilidade da lingua propia de Galicia

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2016.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na presentación da Feira do Libro Novo de Santiago de Compostela, nunha rolda de prensa que se desenvolveu na Biblioteca Pública Ánxel Casal e na que estivo acompañado polo vicepresidente da Federación de Libreiros Galegos, Xosé Antón Pedreira.

García Gómez salientou “o libro galego como instrumento indispensable tanto na difusión e na visibilidade do idioma como na transmisión da cultura e no desenvolvemento da nosa identidade como galegos e galegas, aspectos de primordial relevancia no proceso de normalización dos usos sociais e públicos da lingua propia de Galicia”.

O secretario xeral recordou que “as Feiras do Libro Novo de Galicia amplían este ano o seu calendario cun total de 14 citas, dúas máis que nos anos anteriores, xa que os municipios pontevedreses do Porriño e de Redondela se suman este ano a unha programación que desde abril a finais de agosto se está a desenvolver nas localidades de Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Ribeira, Vigo, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos”.

Calendario de feiras
O calendario das Feiras do Libro de Galicia está a chegar desde abril a 14 localidades da man da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Federación de Libreiros de Galicia, ao abeiro do acordo de colaboración entre as dúas entidades e no marco das actuacións da Administración autonómica en materia de promoción do sector do libro en Galicia. Trátase de iniciativas fundamentais para a promoción do libro, tanto dentro como fóra de Galicia, dado o especial interese deste tipo de eventos culturais como escaparate dos traballos editoriais.

Logo do seu paso polos concellos de Pontevedra e de Ferrol, desde primeiros deste mes, a Feira do Libro Novo abre as súas portas no paseo lateral da alameda da capital de Galicia desde mañá ata o vindeiro 8 de maio. As seguintes percorrerán os concellos do Porriño, do 12 ao 15 de maio; Lugo, entre o 17 de maio, Día das Letras de Galegas, e o 22 dese mes; Ourense, do 3 ao 8 de xuño; e Redondela, a partir do 16 de xuño e ata o 19 dese mes. Xa no verán, as Feiras do Libro Novo de Galicia percorrerán os municipios de Ribeira, do 23 ao 26 de xuño; Vigo, do 1 ao 10 de xullo; e Rianxo, entre o 21 e o 24 de xullo; e pecharán a edición de 2016, no mes de agosto, na Coruña, desde o 1 ata o día 10; en Viveiro, do día 12 ao 15; en Foz, entre o 18 e o 21; e, finalmente, en Monforte de Lemos, do día 24 ao 27.

Feiras do Libro Antigo e de Ocasión e Feiras Internacionais do Libro
A programación de espazos na rúa para darlle visibilidade ao libro e favorecer un achegamento doado á produción editorial galega complétase coas Feiras de Libro Antigo que comezarán o seu itinerario por cinco puntos de Galicia tamén en Santiago de Compostela este mesmo mes (do 14 ao 29 de maio), para seguir en Lugo (do 2 ao 17 de xullo), en Vigo (do 23 de xullo ao 7 de agosto), na Coruña (do 14 ao 28 de agosto) e en Ourense (do 3 ao 18 de setembro).

Ademais, a Xunta de Galicia aposta por impulsar a proxección exterior do sector editorial coa participación nas principais feiras internacionais do libro de Europa e de América, nas que a Consellería de Cultura e Educación promove a asistencia ás principais citas internacionais no ámbito editorial. Arestora, e ata o 9 de maio, a Administración autonómica participa cunha importante programación na Feira do Libro de Bos Aires 2016, que ten como anfitrioa a cidade de Santiago de Compostela.

Nestas feiras internacionais, as editoriais galegas contan cun stand institucional da Xunta de Galicia para darlles visibilidade ás súas publicacións e imaxe, distribución de materiais promocionais, atención ao público, así como para o desenvolvemento de reunións que favorezan a actividade comercial das empresas do sector.

Comparte