Nova: Compromiso de Cultura para financiar o mobiliario da nova biblioteca municipal de Lalín

02/05/2016

Compromiso de Cultura para financiar o mobiliario da nova biblioteca municipal de Lalín

O conselleiro e o alcalde do municipio asinaron un convenio de colaboración, mediante o cal a Xunta de Galicia achega 40.000 euros a este espazo

  • O conselleiro e o alcalde do municipio asinaron hoxe un convenio de colaboración, mediante o cal a Xunta de Galicia achega 40.000 euros a este espazo O conselleiro e o alcalde do municipio asinaron hoxe un convenio de colaboración, mediante o cal a Xunta de Galicia achega 40.000 euros a este espazo
  • O conselleiro e o alcalde do municipio asinaron hoxe un convenio de colaboración, mediante o cal a Xunta de Galicia achega 40.000 euros a este espazo O conselleiro e o alcalde do municipio asinaron hoxe un convenio de colaboración, mediante o cal a Xunta de Galicia achega 40.000 euros a este espazo

Santiago, 2 de maio de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, ratificou hoxe o compromiso adquirido a principios de ano para financiar o equipamento da nova biblioteca municipal do concello de Lalín, que en breve estreará nova sede na antiga Casa Consistorial.

Deste xeito, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, e máis o alcalde do municipio, Rafael Cuiña, asinaron esta mañá en San Caetano un convenio de colaboración dotado con 40.000 euros, asumidos integramente pola Consellería. O mobiliario constará de mesas, cadeiras, bucatas, mostrador e estantes, entre outros.

Con este acordo, o departamento dirixido por Román Rodríguez demostra o seu compromiso cos espazos orientados a promover, conservar e difundir o patrimonio cultural galego, tendo en conta que se trata dunha biblioteca que dará cobertura a todos os usuarios e veciños do concello lalinense.

Colaboración institucional
Trátase, en definitiva, dun novo exemplo de colaboración institucional entre Xunta e administración local, unha vía que axuda a mellorar estes espazos e a ofrecer unha maior oferta sociocultural para a poboación de cada zona, que gozará dun servizo de calidade ao longo do ano.
 

Comparte