Nova: A Gala do Libro Galego recoñece a excelencia do traballo literario no eido editorial
14/05/2016
A Gala do Libro Galego recoñece a excelencia do traballo literario no eido editorial
Santiago, 14 de maio de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu hoxe á Gala do Libro Galego, un evento que ten como obxectivo recoñecer a excelencia do traballo literario no ámbito editorial realizado ao longo do ano 2015 en Galicia.
No decurso da gala -que tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela- entregáronse os distintos galardóns nas categorías establecidas e que abranguen obras de ensaio, narrativa, obra infantil e xuvenil, libro ilustrado, poesía, teatro, ou iniciativa cultura ou de fomento da lectura, entre outros.
O acto, ao que tamén asistiu o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, está organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editores e a Federación de Librarías de Galicia.